Fonte do Rei (Lugo)

Restaurante Fonte Do Rei
Avenida De Madrid, 5,
Lugo 982 24 56 08

Un ano máis pasou San Froilán, polo que tocou pasar por Lugo, como todolos anos fumos comer a Fonte do Rei, un sitio ideal nas datas de crisis que nos atopamos xa que cumpre todolos requisitos: bo, barato e calidade.
Situado na avenida de Madrid na mesma beirarrúa ten dous locais o Fonte do Rei e Fonte de Rei 2, nestas datas festivas en Lugo sempre esta a reventar polo que é preciso reservar con antelación.
A decoración do local é algo sobría, algunha foto antiga de Lugo e pouco máis.
Na carta os entrantes basanse en productos típicos galegos como os pementos de padrón, navallas, cazoliña de zamburiñas, empanada, pulpo á feira, ademáis hai tamen croquetas de marisco, langostinos e un largo etcetera.
Aquí amoso os que degustei nas duas visitas do San Froilan:
Ración de Pementos de padrón 4€
Ración de croquetas de marisco: 4,5€, elaboradas con unha bechamel moi lixeira, con bo sabor, pero falto de marisco, mais por ese prezo merecen a pena.
Ración de chocos á prancha: 6€ para min o mellor entrante da carta, un choco moi fresco con gran sabor, ben marcado na prancha e o toque picante do pimenton pegalle moi ben. Este entrante é de repetición.

Na parte de pratos principais a carta basase principalmente na parrilla, tanto en carnes na parrilla como peixes a parrilla ou en distintas recetas.
Aquí va unha foto da carta:
Aquí vos deixo os últimos principais que probamos:
Ración de churacos con patacas 5,75€ unha carne excelente, se apenas grasa, a ación constaba de 2 tiras de churrasco con patacas, o churrasco máis barato que tomei na miña vida.
Parrillada mixta: 13€ consta de 2 tiras de churrasco de porco, 2 tiras de churrasco de terneira, 2 anacos de polo, 1 chorizo criollo todo acompañado con patacas. Como vedes moi económico. O polo estaba sobresaínte moi xugoso e cun sabor exquisito.
As típicas cañas por 2.5€, sobremesa moi típica nestas datas en Lugo.

Na carta de viños hai gran variedad de Mencias da terra para acompañar a carne: Vía Romana, Rectoral de Amandi... E todas as botellas a 10€.

Pois o dito Fonte do Rei un sitio imprenscidible nas visitas a Lugo: bo, barato e de calidade. Nas últimas visitas por xantar 2 personas con entrantes, churrasco, viño, postres, cafes a cousa sempre sae por 40€, é decir 20€ por persoa.



Ver Os mellores lugares en un mapa más grande

Comentarios