Restaurante Dom Fernando (Viana do Castelo)

Restaurante Dom Fernando
Praça General Barbosa s/n
Viana do Castelo

O derradeiro fin de semán de Xullo estivemos disfrutando en cambados da festa do Albariño, tras un par de días de inxesta de viño e estando o domingo con mal tempo decidimos voltar pasar a xornada até Viana do Castelo a 50 km de Tui, onde todolos anos aproveitamos para pasear polas suas ruas empredadas despois de degustar dos pratos do restaurante Dom Fernando.
Este restaurante esta situado a uns 200 metros da fortaleza de Viana, é un local pequeno con 6 mesas no baixa e outras 3 mesas no andar superior, a decoración e austera, basada en apeiros de lebranza típicos portugueses, esta rexentado por unha parella de portugueses de uns 60 e pico anos, a muller leva cociña e o home encargase das mesas.
A espera para ser atendidos é de bastante tempo, quizáis poden taradan uns 20 ou 30 minutos en que voos tomen nota e putros tanto en ser servidas as encomendas, mais co bo humor do camareiro e coa preparación dos pratos ao momento se tes paciencia veras que o tempo esperado o merece.
A carta esta sustentada en productos e pratos típicos de portugal, como o bacallao, o peixe espada, dourada, polbo, vitela, frango. A cuantía das mesmas da para comer 2 persoas con unha soa ración.
De entrante como é típico en Portugal puseronnos uns boliños de bacallao, que son commo os buñuelos de bacallao de toda a vida.
Nos nesta ocasión apostamos ao bacallao ao estilo Dom Fernando que consiste nunhas boas pezas de bacallao grelladas acompañadas con patacas ao pobre, moita cebola e pementos asados, o prezo da ración é de 15€.
Como vedes nom puiden esperar para sacar a foto e xa faltaba a metada da ración cando a saquei. Aqui tendes outra toma do mesmo prato:
Para acompañar este prato optamos por un viño verde Ponte de Lima 6,5€
De postre eu tomei unha mousse de chocolate bastante boa e a miña acompñante queixo do pais.
En total todo esto fixo unha conta de 28€, que tengo en conta o que comimos e bebimos é unha excelentisima calidade prezo como nos ten acostumado o país veciño.
Segundo ano consecutivo que imos a este restaurante e repetiremos de seguro.


Ver Os mellores lugares en un mapa más grande

Comentarios