Restaurante Vega

Rua Dos Ánxeles, 3
Betanzos

Fai un par de semanas, e despois de escoitar a fama deste restaurante fun ver por min mesmo se era para tanto a cousa. A idea era probar as tan afamadas carrilleiras de porco que fan neste lugar.
Éramos dous a comer, e como non tiñamos moito tempo xa nos sentamos nunhas mesas que ten na entrada. Só había dúas señoritas máis noutra mesa comendo (algo lixeiro, algún tipo de ensalada quizais).
Despois de esperar un bo pedazo, veu o camareiro, con síntomas de presa, algo que non comprendo, pois ou moita xente tiña no comedor de dentro ou tiña ganas de marchar para a casa pronto. Pedimos auga para beber, uns mexillóns recheos de primeiro, e de segundo as carrilleiras para min, e un entrecot para o outro comensal que me acompañaba.
Viñeron os mexillóns, 6 contados, tamaño xeneroso, ricos o comer (non sei se pola fame ou porque realmente estaban bos) pero escasos na cantidade. E ó pouco viñeron os segundos, para min 3 anaquiños de carne cubertos con salsa e patacas fritas e un pimento vermello. O entrecot, viña con patacas tamén pero viña pasado, cando se pedira ó punto. Esto é como pedir unha mazá e que che traian a compota xa feita. As carilleiras...bah, estaban boas, pero comía outras tantas sin depeinarme, o entrecot, demasiado pasado, mal, ese tipo de carnes se non estan no seu punto e comer sola de zapato. Tomamos algo de postre (supoño que sería algo irrelevante pois non me lembro).
A conta foi xenerosa, en relación co que metemos no saco, case 35€. Agora xa podo falar con propiedade do Vega, barato non, cantidade tampouco, atención ningunha, calidade da comida as carrilleiras ben, o entrecot mellorable, moi mellorable.

Ver Mis ubicaciones guardadas en un mapa más grande

Comentarios

  1. Tiven unha experiencia moi próxima á tua que poderás ver relatada meu blog. Parece mentira que sitios como este cheguen alcanzar unha fama boísima e que teñan varios cheos ó longo da semana.
    Ás veces con querer aforrar, acabamos gastando donde non debemos.

    Como vexo que tes algunha entrada pola zona de Arteixo, permíteme que vos recomende o Restaurante Gómez; servizo impecable, producto de calidade dende os aperitivos ata os postres, carta de viños do máis completa e un prezo que merece a pena pagar.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario