BenBoa



Hoxe vos traio outra opción para os comod@s con un só clic de rato podedes facer o voso pedido en Benboa http://www.benboa.com/, é unha empresa galega adicada a facernos a vida máis sinxela, na sua web podense pedir dende primeiros pratos ata sobremesas todas recetas tradicionais a vez que creativas, os pratos veñem envasados en barquetas que permiten ser conservadas e enviadas en frío durante uns 25 días aproximadamente.

Eu fixen un pedido na sua web e en 72 horas o tiña na miña casa, o envio o fan atraves dunha empresa de loxistica que transporta os productos en frío para poder conservalos correctamente, paso a descirbir os pratos que pedín:

- Polbo guisado: Na barquiña traía un bo tentaculo de polbo cunhas pataquiñas e unha salsiña, a verdad que a salsiña esta bastante lograda e o polbo tiña un sabor impresionante, de seguro repitirei

- Zamburiñas churrascadas: Boas pezas de zamburiña sobre una peza de tiras de bacon e pataca, con moito sabor.

- Salada Morna de bacallao: Nesta barquiña viña un trozo de bacallao acompañado de unhas patacas, unha cebola a prancha e un par de trozos de pepino á prancha. Este é o prato do que menos gustei, o bacallao estaba no seu punto de cocción, mais o prato tiña falto de sabor, quizais quedarialle ben unha salsiña.

- Flan de queixo: Insuperabel, a verdade é que facía tempo nom tomaba un flan con tan bo sabor.

- Tarta da avoa: esta tarta a enviaron como agasallo co pedido, é a mítica tarta feita con gaieta chocolate e crema, moi rica a verdade, outro prazer ao papo.

Despois desta boa experiencia de seguro que repitirei e moitas veces, vale a pena. Ademáis os prezos son baratos, os custe de envio se pasas dos 60€ son gratis, con compras inferiores pagas 5€.
En canto ao prezo eu paguei polo que aparece arriba exposto 24,90€ cos 5€ de gastos de envío incluidos.
Ahi queda eso

Comentarios