Restaurante Pingallo (Ourense)

Restaurante Pingallo
R/ San Miguel 6
Tlf 988220057
Ourense

O pasado Domingo marchamos cara Ourense para visitar as termas de Outariz, como iamos con tempo de sobra tiñamos decidido parar a xantar polo centro de Ourense, nom atoparamos referencias previas de ningún local por internet polo que fumos á aventura, e hai que decir que sí que foi toda unha aventura.
Chegados sobre as 14 horas dimos una pequena volta polo casco histórico estando a maioría dos locais hosteleiros pechados, polo que ao chegar á Rua San Miguel nos decidimos por entrar no Pingallo.


Ao entrar no local vese unha barra longa atendida por un señor moi maior que anda fumando as suas anchas polo local tanto nas zonas onde se pode como nas que non, supoñemos que será o dono, ao preguntar nos manda a parte traseira lo local no que atraves dun ventanal podense ver multitudes de obxetos de obra, supoño que andarán de reformas. O local en si é bastante austero vese que leva moitos anos aberto polo aspecto das mesas e sillas.
Ao acomodarnos o camareiro que nos atende deixa unha carta ben estructura que recorda aos locais de hai anos nos que o menú vai estructurado en pratos de ovos , sopas, ect, etc. Por sorte tocuonos o camareiro limpo porque no local habia outro que nom olía precisamente ben.
Despois de pensar un anaco o que pedir decantamonos polo seguinte:


- Zamburiñas en salsa 5,9€ de primeiro para compartir, non tiñan ningún sabor, a salsa debía estar feita con auga, azafrán e pouco máis.
-Cordeiro Asado 11€: Este foi o meu prato principal, consitía nunha peza de cordeiro bastante braseado, polo tanto moi duro acompañado de un feixe patacas. Non hai moito que decir de este prato, o cordeiro tiña bo sabor e pouco máis.
-Cazuela Pingallo 10,5€: Prato principal da miña acompañante, consiste en una cazoliña cun toro de merluza e acompañada de un variado de mariscos (ameixas, mexillón), o tamaño da cazoliña é o mesmo que a das zamburiñas, polo que comentou quen o tomou estaba bastante insipido aínda que se percibía que o peixe era bon.

Para acompañar o xantar optamos por un Sameirás 2009 tinto que sen dubida foi o millor de todo xunto co seu prezo tan só 9€.
De postre optamos por tarta de queixo 2.5€ e tortilla ao ron 4€:

Feita ao momento e servida con gran profesionalidade polo camareiro, quizáis algo falta de azucre, mais pode pasar.
De seguido tomamos un par de cafés 2.5€ os dous, e coa suma do pan dan un total de 46,7€ , unha conta algo excesiva para a calidade da cociña.
Este local precisa urxentemente dun lavado de cara tanto no local en si como na su carta e cociña, senom quedará anclado no ostraicismo no que se atopa, polo que non volo podo recomendar, espero ter máis sorte na vindeira visita á capital das burgas. Moi pouco recomendable

Comentarios