Taberna San Martiño (Arteixo)

Taberna San Martiño (Arteixo)

Avenida dos Bosques 17
Arteixo

Sempre que me preguntan sobre un bo mesón onde tomar unhas racións en Arteixo recomendo a Taberna San Martiño, é un mesón dos de sempre, dos de toda a vida, dos que polo chan sempre tiran o serrín, dos que teñen bocois para tomar os chatos, deses poucos lugares que quedan para tomar unha cunca de viño. Tendo en conta todo esto xa podedes percibir que as racións que se poden tomar son Sota, Cabalo e Rei, é dicir Raxo, tortilla e Polbo, ademáis teñen chourizo ó inferno (feito no acto con augardente), bacallao á prancha, chipiróns, ... o típico destes sitios .

O máis recomendable é o polbo, o mellor sitio onde tomalo en Arteixo sen dubida, (9€ a ración, 10€ con cachelos), a tortilla é moi salientable feita por fora e moi xugosa por dentro case desfacendose (8€ a grande, 6€ a pequena) e o chourizo ao inferno (2,5€). En canto ao viño pois nom som moi arriscado, viño mencia teñen só Rectoral de Amandi (1,6€ a copa). En canto a sobremesas pouco que salientar.

En resumo un bo sitio para tomar boas racións dos clásicos de sempre.

Pd: as fotos estan sacadas co movil, así que non son gran cousa.



Ver Mis ubicaciones guardadas en un mapa más grande

Comentarios